Avelino Ángel Ramos López, nado en Parada (Silleda) o 21 de xuño de 1940 e finado en Lalín o 2 de decembro de 2023, foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria Negocios na emigración Marchou moi novo a Latinoamérica e Estados Unidos. Pola década de 1970, ergueu unha fábrica de produtos de limpeza que operaba coa marca "Mistolín", en Caracas. Dende alí, ampliou as operacións á República Dominicana, Panamá, Porto Rico e Florida, nos Estados Unidos e ampliou os negocios a outras áreas como a comida rápida.
Retorno a Galiza Coa fortuna conseguida, retornou a España, radicouse na comarca de Deza e, no 1988, fundou Productos Disiclín SA en Siador da que, no 2010, se separou e cedeu a xestión a un neto do seu irmán, Antonio. Tamén enfrontou outros negocios como a creación dun hotel que, ao non podelo realizar en Lalín, acabou por construír en Silleda no 2002, e ao que lle puxo o nome da súa filla, Katiuska. O montante do investimento supuxo máis de 900 millóns de pesetas da época. Na inauguración, o 12 de xuño de 2003, estivo Manuel Fraga, daquela presidente da Xunta de Galicia. En xullo de 2021, foi alugado a Hotusa que o explota baixo a marca Exe.
Filantropía O seu mellor mellor exemplo de filantropía, foi a doazón de 200 000 euros para a construción dunha residencia da terceira idade en Silleda.
Enfermidade A comezos de 2022, sofreu tres ictus nun período de catro meses.estando na República Dominicana. Conseguiu recuperarse pero tamén contraeu a enfermidade de Alzhéimer e morreu a finais de 2023 por mor dunha pneumonía.
Vida persoal Casou con María Sofía Gómez Lorenzo, orixinaria de Santiago de Lebozán en Lalín, e tiveron unha única filla, Katiuska Ramos Gómez.
Notas
Categoría:Finados en 2023
Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1940 Categoría:Empresarios de hostalería