Gustavo Docampo Paradelo, nado no Barco de Valdeorras, é un escritor e político galego. Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas foi elixido concelleiro do Barco de Valdeorras polo Movemento Comunista de Galicia. Volveu ser elixido concelleiro polo MCG nas eleccións municipais de 1983.La Voz de Galicia, Ourense, 14-5-1983, p. 31. En maio de 1987 foi nomeado animador cultural do Barco de Valdeorras.La Voz de Galicia, Ourense, 10-5-1987, p. 38. Colaborou en La Voz de Galicia, La Región e Raigame. É autor da obra de teatro Polos camiños do tempo, estreada en 2017.

Obras Rutas para andar desde O Barco de Valdeorras, 1983. O Barco e a terra de Valdeorras, 1992 (con Millán Picouto). O Barco 1885 - 1969. Memoria fotográfica, 2006.O Barco recupera la memoria histórica con un libro de fotografías antiguas

Vida persoal

Casou con Isabel Gacio Pacios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Barco de Valdeorras

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros do Barco de Valdeorras Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en ano descoñecido