John S. Bell nado o 28 de xullo de 1928 en Belfast e finado o 1 de outubro de 1990, foi un físico coñecido por formular o teorema de Bell.
Traxectoria
Xuventude Bell naceu en Belfast, capital de Irlanda do Norte. Licenciouse en física experimental na Queen's University da mesma cidade en 1948. Obtivo o seu doutoramento en Birmingham, Inglaterra, como especialista en física nuclear e teoría cuántica de campos. A súa carreira comezou na Axencia Británica de Enerxía Atómica, en Malvern (parroquia civil), Gran Bretaña, e no Laboratorio Harwell. Despois de varios anos, trasladouse ao CERN. Traballou case exclusivamente en física teórica de partículas e deseño de aceleradores, pero a súa afección eran os fundamentos da teoría cuántica.
A desigualdade de Bell En 1964, escribiu un texto (ref. 1 p. 14) titulado On the Einstein-Podoslky-Rosen paradox (Sobre o paradoxo de Einstein-Podoslky- Rosen ). Neste traballo, mostrou algunhas características particulares do paradoxo EPR, derivando así da desigualdade de Bell, que se aplica en mecánica cuántica para cuantificar matematicamente as implicacións que se formulan teoricamente no paradoxo EPR e así permitir a súa demostración experimental. esquerda|miniatura|A tumba da urna en 2024. O teorema de Bell destaca o principio das causas locais (principio que postula que o que acontece nunha rexión do espazo non depende de variables controladas por un experimentador noutra rexión distante), e parece implicar que o noso universo é "non local", que non ten partes separadas (salvo pola nosa percepción) e que hai algunhas variables "non locais" descoñecidas.
O seu teorema demostrou que o principio das causas locais é incompatible coas predicións estatísticas da teoría cuántica.
Morte John S. Bell morreu inesperadamente en 1990 dunha hemorraxia cerebral. Os seus restos foron incinerados. A urna que contiña as súas cinzas foi enterrada no Columbarium do Cimetière de Saint-Georges en Xenebra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Paradoxo EPR (Einstein, Podolski, Rosen) Desigualdade de Bell Entrelazamento cuántico
Ligazóns externas Perfil de MacTutor (Universidade de St. Andrews) . John Bell e o descubrimento máis profundo da ciencia (decembro de 1998) . The Most Profund Discovery of Science (setembro de 2006) Arquivado o 27 de setembro de 2007.
Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Alumnos da Universidade de Birmingham Categoría:Físicos cuánticos Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Físicos de Irlanda do Norte Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en Belfast