A Serra do Mar é un sistema montañoso de 1 500 km de longo que se atopa no sueste do Brasil. Esténdese dende o leste cara ao sur do país, dende o Estado de Río de Xaneiro até o norte do Estado de Santa Catarina. O punto máis elevado é o pico Maior de Friburgo, cunha altura de 2 310 metros.

Debido ao seu valor xeolóxico, a riqueza da súa fauna e flora, parte do treito paulista da serra do Mar foi protexido polo Condephaat e foi incluído no Patrimonio Histórico do Estado de São Paulo o 6 de xuño de 1985.

De acordo co artigo 225, §4.º da Constitución do Brasil, a Serra do Mar, a selva amazónica, a mata atlántica, o Pantanal Mato-Grossense e a zona costeira constitúen patrimonio nacional. Unha parte da serra do Mar foi declarada en 1999 Patrimonio da Humanidade, como parte do sitio "Reserva de mata atlántica do sueste» (ref. 893rev).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Brasil Categoría:Cordilleiras do Brasil