Manuel Iglesias Constenla, nado en Barro o 15 de xuño de 1893, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Foi nomeado mestre interino de Xesta (A Lama) en decembro de 1924.Galicia Nueva, 21-12-1924, p. 3. Aprobou as oposicións e foi nomeado mestre de Noalla en abril de 1925.El Diario de Pontevedra, 14-4-1925, p. 2. En xaneiro de 1936 foi elixido presidente de Izquierda Republicana de Sanxenxo.El País, 17-1-1936, p. 1.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 19 de xaneiro de 1937 na causa 832/36 co tamén mestre Estanislao Víctor Torres Pérez,El Progreso, 19-1-1937, p. 3. foi condenado a cadea perpetua. Preso primeiro na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo (Pamplona) o 15 de xullo de 1937, onde permaneceu ata o 25 de abril de 1939 cando o trasladaron á Prisión de Figueirido (Vilaboa). Como resultado do proceso de depuración, foi separado do servizo e dado de baixa na escala.El Noticiero Gallego, 25-6-1940, p. 4. En 1942 pasou ao Destacamento Penal das Minas de Silleda de onde saíu en liberdade provisional en 1944. Traballou como administrativo no balneario da Toxa.El Pueblo Gallego 14-2-1958, p. 4.

Vida persoal

Casou en Arbo coa tamén mestra Lourdes Rodríguez Tovar en 1930.El Eco del Condado, 10-5-1930, p. 2. Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Barro Categoría:Nados en 1893