Peregrina Martínez Santos, nada en Pontevedra o 17 de setembro de 1914,El Magisterio Español, 28-6-1934, p. 23. foi unha mestra e política galega.

Traxectoria Filla de Arturo Martínez Fernández. Estudo Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra rematando en 1932.Vida Gallega, 30-6-1932, p. 47. Foi mestra en Rouxique (Sanxenxo). Estaba afiliada ás Xuventudes Socialistas.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo e detida o 27 de outubro. Xulgada en Pontevedra por rebelión militar, con sobresemento provisional, saíu en liberdade o 25 de outubro de 1937. Foi novamente procesada na causa 379/38 en marzo de 1938, coas súas tías Aurora, María e Nicereta Martínez Fernández (as Corseteiras) e María Fandiño Estévez, acusadas de agochar armas, pero ao non atopar probas, a causa foi sobresida. Foi depurada, co resultado de separación do servizo e baixa na escala o 11-05-1940. En 1941 abríronlle outro expediente por responsabilidades políticas, que tamén foi sobresido en 1943.

Conseguiu o reingreso no corpo en abril de 1958, pero foi sancionada co traslado fóra da provincia durante cinco anos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

As Corseteiras. As irmás Aurora, María, Nieves e Nicereta Martínez Fernández

Ligazóns externas Peregrina Martínez Santos, unha mestra antifascista. Historia das Telleiras I

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1914