The Willoughbys é un filme estadounidense-canadense de 2020 dirixido por Kris Pearn e codirixido por Rob Lodermeier. Baséase no libro homónimo de Lois Lowry, e o guión foi escrito por Pearn e Mark Stanleigh. Conta coas voces de Will Forte, Maya Rudolph, Alessia Cara, Terry Crews, Martin Short, Jane Krakowski, Seán Cullen e Ricky Gervais, quen tamén é o narrador.
The Willoughbys estreouse a través de Netflix o 22 de abril de 2020, e tivo uns 37 millóns de espectadores. Recibiu a aclamación da crítica pola súa animación, actuación, historia e banda sonora, composta por Mark Mothersbaugh, así como pola canción de Cara, "I Choose".
Sinopse A historia trata sobre catro nenos que tentan atopar novos pais para substituír os seus egocéntricos e descoidados proxenitores.
Personaxes Will Forte como Tim Willoughby Maya Rudolph como Linda a.k.a. The Nanny Alessia Cara como Jane Willoughby Terry Crews como Comandante Melanoff Martin Short como Walter "Father" Willoughby Jane Krakowski como Helga "Mother" Willoughby Seán Cullen como Barnaby A e Barnaby B Willoughby Ricky Gervais como o gato Colleen Wheeler como axente Alice Vernakov Nancy Robinson como Irene Holmes Kris Pearn como Spoons McGee
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kris Pearn Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes ambientados en Suíza Categoría:Filmes ambientados en Escocia