Juan Manuel Parcero Martínez, coñecido como Juan Parcero, nado o 27 de maio de 1977 en Moaña, é un escritor e cineasta galego.
Traxectoria Traballador do mar, o naval e a industria, estudou na UNED. Foi concelleiro do BNG en Moaña, ocupando o nº 2 da canditatura en 2019 e dimitiu en 2021.
Dirixiu 10 curtametraxes con Moaña de fondo.
Despois de tres novelas psicolóxicas (Sangue no ollo, A fiestra aberta e Vento na cara), con A soidade selénica, inaugurou a colección Ficción científica da Editorial Galaxia.
Dende o ano 2022 presenta xunto con Rubén Rey, en Onda Cero Vigo, unha sección dedicada á ciencia ficción en calquera das súas expresións chamada Crónicas selénicas e que a piques está de chegar aos 100 espazos.
En marzo de 2024 e retomando a colección Ronsel da Editorial Galaxia publica Na canella infinita, onde retoma temas recorrentes na súa obra e que ata a data é o seu maior éxito literario.
Obra literaria
Sangue no ollo (2011). Ed. Morgante. 110 páxs. ISBN 9788415166313. A fiestra aberta (2017). Noia: Toxosoutos. 157 páxs. ISBN 9788494683732. Vento na cara (2018). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-948341-0-3. A soidade selénica (2022). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-829-7. Na canella infinita (2024). Vigo: Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-1176-181-9.
Cine. Curtametraxes
Idea olvidada (2009) Tempófagos (2009) Círculo vicioso (2010) Culpables (2011) Non tocar (2012) A promesa (2013) Ao mesmo tempo (2014) Paranoia (2015). Area nas mans (2016) María de Almas (2018)
Notas
Categoría:Nados en Moaña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia