José Luis Suárez Cotelo, nado en Ponteceso en 1945, é un político e profesor galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Licenciado en Filosofía e Letras, foi profesor de Filosofía no IES Eusebio da Guarda da CoruñaLa Voz de Galicia, 19-9-1989, p.23.. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro en Ponteceso como número 2 da Candidatura Democrática Independente, que encabezaba Manuel Jesús Vázquez Barca e que obtivo a maioría absoluta, pasando a ser primeiro tenente de alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sendo reelixido nas municipais de 1987, tamén con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PSdeG nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985, se ben nun primeiro momento non resultou elixido, trala dimisión de Manuel Couce Pereiro en setembro de 1989 asumiu a acta de deputado por uns meses ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989, nas que volveu formar parte da candidatura socialista pero sen lograr escano. Ó acceder ao Parlamento de Galicia presentou a súa renuncia á alcaldía, debido á incompatibilidade que supón este cargo co de deputado autonómico, sendo substituído polo seu número 2 Ramón Saleta Neira e permanecendo como concelleiro con responsabilidades de goberno na corporación. Mantívose como concelleiro tralas municipais de 1991, nas que foi o número 4 da candidatura socialista, logrando de novo a vitoria e mantendo responsabilidades de goberno baixo os mandatos de Saleta e Fernando Castro Villar ata maio de 1993, cando foron apartados do poder por unha moción de censura do PPdeG e o PSG-EGLa Voz de Galicia, 13-5-1993, p.31.. Retirouse da política á fin dese mandato en 1995.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ponteceso

Categoría:Alcaldes de Ponteceso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes