dereita|miniatura|300x300px| A Terra recibe unha radiación solar incidente case constante duns 340 W por metro cadrado. O forzamento radiativo é a diferenza entre a radiación solar absorbida pola Terra e a enerxía irradiada de retorno. É unha perturbación do equilibrio da enerxía incidente e emerxente no planeta Terra. Mídese en vatios /m²/período. Pode ser positivo, facendo que a troposfera e a superficie terrestre se quenten, ou negativo, facendo que a troposfera e a superficie da Terra se arrefríen. É, por tanto, a base científica do efecto invernadoiro verificado nos planetas, e ten un papel importante nos modelos informáticos do balance enerxético da Terra, e nos modelos climáticos.
Notas
Categoría:Quecemento global Categoría:Radiación Categoría:Fenómenos atmosféricos