Cristina Pedreira de Tenreiro nada en Ferrol en 1897 e finada en México, foi unha arquiveira galega.

Traxectoria Naceu en Ferrol en 1897, e como funcionaria arquiveira estivo destinada no Ministerio de Estado. Pertenceu á Asociación de Funcionarios Públicos da UGT de Valencia e tamén ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos.

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, exiliouse en Suíza co seu marido Ramón María Tenreiro. Tras quedar viúva a finais de 1939, trasladouse a Francia onde embarcou no barco De Grasse rumbo a México. A viaxe comezou no porto de Le Havre, fixo escala en Nova York e chegou a México o 29 de febreiro de 1940, desembarcando en Nuevo Laredo (Tamaulipas).

En México, traballou activamente no Comité Feminio da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles (JARE), sendo a súa vogal, mentres que Pilar Bolívar era a presidenta. O JARE foi a principal organización de axuda que tiña o exilio republicano español en México. O Comité Feminino estaba subordinado a outros órganos da JARE, como a Delegación e o Comité de Socorro, e os seus soldos eran notablemente inferiores. A composición do Comité de Mulleres da JARE estaba formada maioritariamente por mulleres que tiñan en común ser viúvas ou esposas de ilustres personalidades relacionadas con Indalecio Prieto. Encomendáronlles o tradicional papel de coidados atribuídos ás mulleres e encargáronse dos asuntos das familias exiliadas, tanto no ámbito doméstico en materia de alimentación, vestimenta, asistencia ás mulleres embarazadas como a instrución e educación dos nenos e nenas.

En canto á súa acción pública, subordinada á dirección do JARE, consistiu en contestar cartas, dar resposta a solicitudes de necesidades de axudas, como bolsas e xestión dos colexios subvencionados pola JARE, préstamos de diñeiro ás familias e tamén relacións públicas coa Goberno mexicano e as súas institucións.

Non está clara a data de falecemento de Cristina Pedreira e en relación ao lugar do mesmo, soamente consta na ficha do Portal de Arquivos Españois (PARES) como último lugar de residencia en México (Distrito Federal, México).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Finados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido