Giampaolo Menichelli, nado en Roma o 29 de xuño de 1938, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.

É irmán do ximnasta artístico Franco Menichelli, gañador de cinco medallas nos Xogos Olímpicos.

Traxectoria Naceu no barrio romano de Portuense e formouse na canteira da Roma, debutando co primeiro equipo na Serie A o 9 de febreiro de 1958.miniatura| Menichelli coa camiseta do Cagliari na tempada 1970/71. Na tempada 1958/59 saíu cedido ao Sambenedettese, onde destacou inmediatamente, marcando un gol no seu debut ante o Catania (2-2). Na seguinte campaña volveu ir cedido, desta vez ao Parma, e a continuación regresou a Roma, onde xogou durante os seguintes tres anos. En 1961 conquistou a Copa de Feiras, contra o Birmingham City inglés, sendo este o único título dun equipo italiano en dita competición europea.

En 1963 fichou pola Juventus, onde xogou durante as seguintes seis campañas, acumulando 194 partidos e 59 goles na Serie A. No Piemonte foi protagonista na conquista da Copa Italia 1964/65, onde se alzou como máximo goleador da competición, asinando tamén o gol decisivo na final contra o Grande Inter de Helenio Herrera. Gañou tamén a liga na tempada 1966/67, campionato lembrado pola remontada na clasificación sobre o Inter de Herrera, culminada na última xornada. Menichelli foi o máximo goleador do seu equipo, contribuíndo con 11 goles en 33 partidos.

No verán de 1969 pasou ao a Brescia, onde xogou só un ano sen poder evitar o descenso do equipo á Serie B. Uns meses despois foi contratado polo Cagliari para substituír o lesionado Gigi Riva. Despois dunha tempada en Sardeña retirouse definitivamente do fútbol aos 33 anos.

Durante a súa carreira totalizou 261 partidos e 60 goles na Serie A, e 64 partidos e 14 goles na Serie B.

Selección italiana Foi 9 veces internacional coa selección italiana, coa que debutou nun partido amigable contra Francia no Stadio Comunale de Florencia o 5 de maio de 1962, formando na dianteira xunto con José Altafini, Humberto Maschio, Bruno Mora e Omar Sívori. Marcou o seu único gol coa azzurra unha semana despois, noutro amigable contra Bélxica.

Disputou o Mundial de 1962 en Chile, sendo titular en dous partidos, contra Alemaña Federal e Chile.

Palmarés Roma Copa de Feiras (1): 1960/61.

Juventus Serie A (1): 1966/67. Copa Italia (1): 1964/65.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Datos do xogador na Federación Italiana de Fútbol . Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1938 Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Xogadores do Brescia Calcio Categoría:Xogadores do Cagliari Calcio Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962