José Manuel Arufe Rieiro, nado en Santa Comba en 1944Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 29-6-1988 p.53, é un político e enxeñeiro galego.

Traxectoria Enxeñeiro. Presentouse ás eleccións municipais de 1979 en Santa Comba pola Agrupación Independiente de Xallas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular, sendo reelixido cunha amplísima maioría absoluta e sendo elixido deputado provincial. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e volveu ser reelixido con maioría absoluta e deputado provincial. Na Deputación foi vicepresidente, nun primeiro lugar baixo o mandato do aliancista José Manuel Romay Beccaría (1987-1989) e en segundo baixo o mandato do socialista Salvador Fernández Moreda (1989-1991), xunta o cal presentou unha moción de censura contra Romay en xuño de 1989. A esta situación chegouse tras un acordo inicial entre o PSdeG e a CPG para cogoberna-la Deputación da Coruña e o concello de Lugo, tralas municipais de 1987, malia ser respectado en Lugo (coa alcaldía da CPG), finalmente na Deputación coruñesa a coalición non apoiou os socialistas (que foran a primeira forza) e fixo presidente a Romay. Porén, as diversas discrepancias entre Romay e parte da CPG supuxeron que tres dos seus cinco deputados (ademais del mesmo, os alcaldes de Coristanco e Mazaricos) apoiasen a devandita moción de censura en 1989 e pasasen a gobernar cos socialistas.

Nas municipais de 1991 encabezou a CNG, o proxecto infrutuoso de expansión de Centristas de Galicia, e perdeu a alcaldía ó lograr o PPdeG a maioría absoluta. Volveu presentarse nas municipais de 1995 a través da Agrupación de Independientes de Xallas-Santa Comba, pero sen conseguir recupera-la alcaldía, a pesar de que mantivo as distancias e sumou apoios, dado que o PPdeG revalidou a maioría absoluta. En 1999 optou por non presentarse de novo e retirouse da política.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santa Comba

Ligazóns externas El presidente de la Diputación de La Coruña dimite la víspera de una moción de censura Santa Comba 1991

Categoría:Alcaldes de Santa Comba Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes