miniatura|Un motor Viking 5C en exposición. Viking foi unha serie de motores foguete usados nos lanzadores Ariane 1, Ariane 2, Ariane 3 e Ariane 4.

Características Os motores Viking foron desenvolvidos pola Société Européenne de Propulsion para o seu uso nas diferentes etapas dos foguetes da familia Ariane 1 a 4. Todos usaban tetróxido de nitróxeno e UDMH como propelentes.

Viking 2 Usado na primeira etapa dos foguetes Ariane 1, tiña un impulso de 693 kN e unha masa de 776 kg baleiro. Síguese usando na India, construído baixo licenza co nome de Vikas e formando parte dos lanzadores GSLV.

Viking 2B Usado nos foguetes Ariane 2 e 3, era unha versión mellorada do Viking cun pulo de 720 kN e a mesma masa. Voou por primeira vez en 1984

Viking 4 Usado na segunda etapa dos Ariane 1. Tiña un pulo de 721 kN e 850 kg de masa. Voou por primeira vez en 1979.

Viking 4B Versión mellorada do Viking 4B usado como segunda etapa dos Ariane 4. Tiña un pulo de 805 kN e 850 kg de masa. Voou por primeira vez en 1984.

Viking 5C Usado nos Ariane 4, cun pulo de 752 kN e 776 kg de masa. Voou por primeira vez en 1988.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ariane 1 Ariane 2 Ariane 3 Ariane 4

Categoría:Motores foguete