Un contraforte (do italiano contrafforte) é, en sentido figurado, todo o que fortalece.

No calzado o contraforte é unha peza de coiro que reforza a parte posterior do zapato e facer que se axuste mellor ao pé. En arquitectura un contraforte é unha forma prismática, especie de columna, acaroada a un muro, que serve para reforzar. En arquitectura militar. Machón que se instala para fortalecer unha muralla. Forte que se constrúe fronte a outro para completar a súa defensa, ou ben para anulalo. En xeografía e xeoloxía denomínase contraforte a unha ramificación de montañas de escaso desenvolvemento, unidas a ambos os lados dunha cordilleira, e tamén á parte dunha montaña formada por unha aresta secundaria que se apoia contra unha aresta principal. En xeomorfoloxía un contraforte é un promontorio que se proxecta, en posición máis ou menos perpendicular, dunha escarpa ou dunha cordilleira. En obras públicas, nunha presa ou nun dique, un contraforte é cada un dos machóns cuxa base se prolonga en forma de esporón e que constitúen o marco das comportas.