Nicolás Rodríguez García-Paz, nado en Vigo o 30 de abril de 1991, é un deportista galego que compite en vela, na clase 470.

Gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, tres medallas no Campionato Mundial de 470 entre 2018 e 2021 e outras tres no Campionato Europeo de 470 entre 2017 e 2021.

Traxectoria Neto dun comandante da Mariña, comezou a practicar vela aos 8 anos, no Real Club Náutico de Vigo. Gañou títulos galegos en Optimist e foi dúas veces campión de España de 420, pasando logo á vela olímpica, primeiro na clase 49er e logo na 470.

En 2013 comezou a competir con Nahuel Rodríguez en 470, pero pouco despois deixou o deporte e emigrou aos Países Baixos para exercer como odontólogo, carreira que estudou na Universidade de Santiago de Compostela. En 2016, o regatista catalán Jordi Xammar, que viña de competir nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro, chamouno para ofrecerlle preparar xuntos o seguinte ciclo olímpico.

Xunto a Xammar, foi en 2018 medalla de bronce no Campionato Mundial de 470. En 2019 foi subcampión do mundo e en 2021 volveu ser medalla de bronce. En 2017 gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa, en 2019 a prata e en 2021 de novo a prata.

Participou con Xammar nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020, na clase 470. Gañaron dúas das regatas e remataron na terceira posición, conseguindo a medalla de bronce por detŕas da embarcación australiana e da sueca. Converteuse así no quinto regatista galego cunha medalla olímpica, despois de que o conseguisen antes Antón Paz, Fernando Echávarri, Támara Echegoyen e Sofía Toro.

Palmarés internacional +470Xogos OlímpicosAnoLugarMedallaClase2021 Tokyo Bronce470Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Clase2018 Aarhus Bronce4702019 Enoshima Prata4702021 Vilamoura Bronce470Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Clase2017 Mónaco Bronce4702019 San Remo Prata4702021 Vilamoura Prata470

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Galegos nos Xogos Olímpicos de 2020

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1991 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Regatistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas olímpicos en vela Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 2020