A Facultade de Medicina Harvard (en inglés Harvard Medical School, HMS) é a Facultade de Medicina da Universidade Harvard.
Trátase dun centro docente de posgrao. É academicamente moi selectiva e está situada na sección da Longwood Medical Area de Boston.
Foi fundada en 1782 en Cambridge, Massachusetts sendo trasladada a Boston en 1810.
Conta con ao redor de 650 estudantes en programas de MD, 500 en programas PhD e 130 en MD-PhD, permitindo aos estudantes recibir os seus MD da HMS ou seus doutoramentos ben de Harvard ou do MIT.
A Facultade ten un profesorado de case 8 000 doutores, moitos deles traballando en hospitais de Boston afiliados á Universidade Harvard.
Véxase tamén
Categoría:Universidade Harvard Categoría:Facultades Categoría:Escolas de medicina