José Ferrón Martínez, nado en Padrón cara a 1922 e finado en Santiago de Compostela en maio de 2012, foi un empresario e político galego.
Traxectoria Fillo de Jesús Ferrón Ferrón. Creou a empresa madeireira Ferrón y González e despois puxo en marcha en marcha a factoría Tagal. Concelleiro de Padrón dende os anos cincuenta. Foi nomeado alcalde de Padrón en setembro de 1973.La Voz de Galicia, 18-9-1973, p. 2. Permaneceu no cargo ata as primeiras eleccións democráticas. Finou en Santiago de Compostela en maio de 2012.Pesar por la muerte de José Ferrón, exalcalde de Padrón.
Vida persoal
Casou con Carmen Grela Otero e foi pai de María Teresa, José Ángel e Jorge Juan Ferrón Grela. Notas
Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1922
Categoría:Finados en 2012