Os Playoffs da NBA de 2021 foron o ciclo de peche ou eliminatorias da tempada 2020-21 da NBA. Comezaron o sábado 22 de maio e remataron coas Finais da NBA o 20 de xullo de 2021.
Formato O formato destes playoffs é o mesmo que se utiliza desde hai sete anos.
Os 30 equipos do torneo norteamericano divídense en 2 conferencias de 15 equipos cada unha. Cada conferencia está composta por 3 Divisións diferentes e, en cada unha delas, inclúense 5 equipos. A Conferencia Oeste inclúe a División Pacífico, División Noroeste e a División Suroeste; a Conferencia Leste está composta pola División Atlántico, División Central e División Sueste.
Unha vez finalizada a tempada regular, a clasificación para os playoffs prodúcese do seguinte xeito: clasifícanse os 6 mellores equipos de cada conferencia e dispóñense en orde descendente segundo o número de vitorias. Os últimos 2 postos están ocupados polos equipos gañadores da eliminatoria Play-In.
Unha vez establecidos os postos definitivos para os playoffs, celébranse unha serie de eliminatorias denominadas: 1ª rolda, Semifinais e Final de Conferencia e os clubs que gañan as súas eliminatorias clasifícanse do seguinte xeito: Cuartos de Final de ConferenciaSemifinais de ConferenciaFinal de Conferencia 2-2-1-1-1 2-2-1-1-1 2-2-1-1-1 1º Clasificado 8º Clasificado 4º Clasificado 5º Clasificado 2º Clasificado 7º Clasificado 3º Clasificado 6º Clasificado As eliminatorias ou series dispútanse nun formato ao mellor de 7, no que cómpre gañar 4 partidos para clasificarse para a seguinte rolda. O equipo que posúa a vantaxe de campo en cada eliminatoria disputará os partidos 1, 2, 5 e 7 como local, mentres que o resto dos partidos xogaranse no pavillón do equipo contrario (Formato: 2-2-1-1-1). Establécese como equipo con vantaxe de campo aquel con mellor balance en liga entre os 2 contendentes dunha eliminatoria. No momento no que un equipo gaña 4 partidos, clasifícase para a seguinte rolda eliminatoria, sen xogar necesariamente os 7 partidos programados.
Clasificación O primeiro equipo en clasificarse para os playoffs foi Utah Jazz, o 25 de abril de 2021. Dous días despois, clasificouse Brooklyn Nets. Ao día seguinte Phoenix Suns e Philadelphia 76ers.
O 3 de maio foi a quenda de Los Angeles Clippers e Denver Nuggets, e ao día seguinte para os Bucks. O 11 de maio clasificouse matematicamente o subcampión do ano pasado, os Miami Heat. E ao día seguinte, os Knicks e mais os Hawks.
O 14 de maio foi a quenda para os Mavs e o 16 de maio, último día de competición, clasificaron os Portland Trail Blazers.
Entre o 18 e o 21 de maio, tivo lugar a eliminatoria 'Play-In' que deu a clasificación a Lakers, Boston, Washington e mais Memphis.
Os postos sétimo e oitavo de cada conferencia determináronse mediante a eliminatoria 'Play-In'. Conferencia Leste PostoEquipoRécordLogrosClasificaciónpara Playoffs Títulode División Mellor récord da Conferencia Mellor récord da NBA1Philadelphia 76ers49–2328 de abril14 de maio14 de maio—2Brooklyn Nets48–2427 de abril———3Milwaukee Bucks46–264 de maio30 de maio——4New York Knicks41–3112 de maio———5Atlanta Hawks41–3112 de maio15 de maio——6Miami Heat40–3211 de maio———7Boston Celtics36–3618 de maio———8Washington Wizards34–3820 de maio———
Conferencia Oeste PostoEquipoRécordLogrosClasificaciónpara Playoffs Títulode División Mellor récord da Conferencia Mellor récord da NBA1Utah Jazz52–2025 de abril7 de maio16 de maio16 de maio2Phoenix Suns51–2128 de abril14 de maio——3Denver Nuggets47–253 de maio———4Los Angeles Clippers47–253 de maio———5Dallas Mavericks42–3014 de maio7 de maio——6Portland Trail Blazers42–3016 de maio———7Los Angeles Lakers42–3019 de maio———8Memphis Grizzlies38–3421 de maio———
Fonte:
Cadro de enfrontamentos
En letra negra - gañador das series En letra cursiva - equipo con vantaxe de campo
Conferencia Leste Primeira rolda (1) Philadelphia 76ers vs. (8) Washington Wizards
+Enfrontamentos en tempada regularPhiladelphia gañou 3–0 en tempada regular
Foi a sexta vez que estes equipos se enfrontan en playoffs, Philadelphia lidera a serie con tres triunfos.
+Enfrontamientos previos en playoffsPhiladelphia lidera 3–2 en todos os playoffs
(2) Brooklyn Nets vs. (7) Boston Celtics
+Enfrontamentos en tempada regularBrooklyn gañou 3–0 en tempada regular
Foi a terceira vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Nets gañara todos os enfrontamentos previos.
+Enfrontamentos previos en playoffsNets lidera 2–0 en todos os playoffs
(3) Milwaukee Bucks vs. (6) Miami Heat
+Enfrontamentos en tempada regularMilwaukee gañou 2–1 en tempada regular
Foi a terceira vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Miami gañara todos os enfrontamentos previos.
+Enfrontamentos previos en playoffsMiami lidera 2–0 en todos os playoffs
(4) New York Knicks vs. (5) Atlanta Hawks
+Enfrontamentos en tempada regularKnicks gañou 3–0 en tempada regular
Foi a terceira vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Knicks gañara todos os enfrontamentos previos.
+Enfrontamentos previos en playoffsKnicks lidera 2–0 en todos os playoffs
Semifinais de Conferencia (1) Philadelphia 76ers vs. (5) Atlanta Hawks
+Enfrontamentos en tempada regularPhiladelphia gañou 2–1 en tempada regular
+Enfrontamientos previos en playoffsPhiladelphia lidera 2–0 en todos os playoffs
(2) Brooklyn Nets vs. (3) Milwaukee Bucks
+Enfrontamientos en tempada regularMilwaukee gañou 2–1 en tempada regular
Foi a cuarta vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, aínda que foi a primeira desde que os Nets se atopan en Brooklyn desde 2012. Milwaukee xa gañara dous dos tres encontros previos.
+Enfrontamentos previos en playoffsMilwaukee lidera 2–1 en todos os playoffs
Finais de Conferencia (3) Milwaukee Bucks vs. (5) Atlanta Hawks
+Enfrontamentos en tempada regularMilwaukee gañou 2–1 en tempada regular
Foi a quinta vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, ambos os dous conseguiran dous triunfos.
+Enfrontamentos previos en playoffsEmpate 2–2 entre todos os playoffs
Conferencia Oeste Primeira rolda (1) Utah Jazz vs. (8) Memphis Grizzlies
+Enfrontamentos en tempada regularUtah gañou 3–0 en tempada regular
É o primeiro encontro de playoffs entre estes equipos.
(2) Phoenix Suns vs. (7) Los Angeles Lakers
+Enfrontamentos en tempada regularPhoenix gañou 2–1 en tempada regular
Foi a décimo terceira vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Lakers leva a dianteira con oito triunfos na serie.
+Enfrontamentos previos en playoffsL.A. Lakers lidera 8–4 entre todos os playoffs
(3) Denver Nuggets vs. (6) Portland Trail Blazers
+Enfrontamentos en tempada regularDenver gañou 2–1 en tempada regular
Foi a cuarta vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Portland triunfou dúas veces na serie.
+Enfrontamentos previos en playoffsPortland lidera 2–1 en todos os playoffs
(4) Los Angeles Clippers vs. (5) Dallas Mavericks
+Enfrontamentos en tempada regularDallas gañou 2–1 en tempada regular
Foi a segunda vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, os Clippers gañaron o primeiro encontro previo.
+Enfrontamentos previos en playoffsL.A. Clippers lidera 1–0 en todos os playoffs
Semifinais de Conferencia (1) Utah Jazz vs. (4) Los Angeles Clippers
+Enfrontamentos en tempada regularUtah gañou 2–1 en tempada regular
Foi a cuarta vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Utah gañara todos os enfrontamentos previos.
+Enfrontamentos previos en playoffsUtah lidera 3–0 en todos os playoffs
(2) Phoenix Suns vs. (3) Denver Nuggets
+Enfrontamentos en tempada regularDenver gañou 2–1 en tempada regular
Foi a cuarta vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Phoenix triunfou dúas veces na serie.
+Enfrontamentos previos en playoffsPhoenix lidera 2–1 en todos os playoffs
Finais de Conferencia (2) Phoenix Suns vs. (4) Los Angeles Clippers
+Enfrontamentos en tempada regularL.A. Clippers gañou 2–1 en tempada regular
Foi a segunda vez que estes equipos se enfrontaron en playoffs, Phoenix gañou o primeiro encontro.
+Enfrontamentos previos en playoffsPhoenix lidera 1–0 en todos os playoffs
Estatísticas CategoríaMáximoMediaXogadorEquipoMáx.XogadorEquipoMediaPart. Puntos Damian Lillard Portland Trail Blazers 55 Luka Dončić Dallas Mavericks 37.5 7 Rebotes Russell WestbrookJoel Embiid Washington WizardsPhiladelphia 76ers 21 Giannis Antetokounmpo Milwaukee Bucks 12.8 18 Asistencias James HardenTrae Young Brooklyn NetsAtlanta Hawks 18 Russell Westbrook Washington Wizards 11.8 5 Roubos Kyle Anderson Memphis Grizzlies 6 Kyle Anderson Memphis Grizzlies 2.8 5 Tapóns Robert Williams Boston Celtics 9 Rudy Gobert Utah Jazz 2.1 11
Cobertura nos medios Televisión ESPN, ABC, TNT e NBA TV emitiron os playoffs a nivel nacional nos Estados Unidos. Durante as dúas primeiras roldas, ESPN, ABC e TNT repartíronse os partidos. NBA TV tamén televisou partidos seleccionados da primeira rolda. As redes deportivas rexionais afiliadas a certos equipos tamén transmitiron os partidos, agás os televisados por ABC. ESPN/ABC tivo unha cobertura exclusiva das finais da Conferencia Oeste mentres que TNT tivo unha cobertura exclusiva das finais da Conferencia Leste. ABC tivo unha cobertura exclusiva das finais da NBA por décimo noveno ano consecutivo.
Esta foi a derradeira postemporada de Marv Albert, que anunciou a súa retirada o 17 de maio de 2021. Albert, que cumpriu 80 anos en xuño, pasou a maior parte dos últimos 31 anos como comentarista principal na cobertura da NBA en TNT e NBC.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Finais da NBA de 2021 NBA Tempada 2020-21 da NBA
Ligazóns externas Sitio web oficial da National Basketball Association Sección dos Playoffs 2021 en Basketball – Reference.com
Categoría:NBA 2021 Categoría:Playoffs da NBA