Mesoplodon hotaula é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos e subfamilia dos zifioideos,Mesoplodon hotaula Deraniyagala, 1963 no WoRMS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. unha das quince integradas no xénero Mesoplodon.Masoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 11 de xaneiro de 2021.

É a especie menos coñecida do xénero.

Taxonomía Descrición A espeie foi descrita en 1963 polo paleontólogo, zoólogo e artista esrilanqués Paulus Edward Pieris Deraniyagala no se traballo "A new beaked whale from Ceylon". Ceylon Today 12: 13-14.

Etimoloxías Para a do xénero, ver Mesoplodon.

O epíteto específico, hotaula, deriva de dúas palabras que na lingua cingalesa (sinhala) que significan "bico acabado en punta".

Nota taxonómica Aínda que a espácime tipo achado en Sri Lanka foi descrito como unha nova especie, Mesoplodon hotaula, en 1963, como quedous dito, mís tarde ete nome foi considerado un sinónimo de Mesoplodon ginkgodens. Hoxe está reoñecido como especie diferente, e o seu descubrimento elevou o número total de especies de Mesoplodon a 15, o que o converte, de lonxe, no xénero de cetáceos que comprende máis especies. O recoñecemento como especie distinta débese a M. L. Dalebout e colabrores que, en 2014, presentaron evidencias xenéticas e morfolóxicas que apoian o recoñecemento desta especie de Mesoplodon do Indo-Pacífico tropical, Mesoplodon hotaula, que foi condiderada conespecifica de Mesoplodon ginkgodens. Aínda que a nova especie está estreitamente relacionada coa tamén rara M. ginkgodens, demostraron que estas dúas liñaxes poden diferenciarse por secuencias de ADN herdadas por vía materna (ADN mitocondrial), biparental (autosómico) e paterna (cromosoma Y), así como por características morfolóxicas. A monofilia recíproca das xenealoxías de ADNmt e a distribución en gran parte parapátrica destas liñaxes é consistente co illamento reprodutivo.

Hábitat e distribución Hábitat Practicamente non se sabe nada sobre a bioloxía desta especie. Atópase nas augas tropicais do océano Índico e na metade occidental do Pacífico, entre os 90° N e os 90° S, e pénsase que habita principalmente en augas profundas.

Distribución Esta especie só se coñece a través de nove individuos varados en Palmyra, Australia Occidental (3), Kiribati, Filipinas (2), Sri Lanka, Maldivas e Seychelles Lacsamana et al. (2015): "First record of a rare beaked whale Mesoplodon hotaula in the Philippines". Marine Biodiversity Records Vol. 8 e78: 1-6. doi:10.1017/S1755267215000457.Abreo et al. (2016): "First evidence of plastic ingestion by the rare Deraniyagala’s beaked whale (Mesoplodon hotaula)". IAMURE International Journal of Ecology and Conservation 19 (1)., o que suxire unha distribución en augas tropicais cálidas desde polo menos o océano Índico occidental até o Pacífico central.

Características Segundo informacións non confirmadas, a especie alcanza unha lonxitude de 400 a 450 cm e un peso duns 1 000 kg. As aletas pectorais son bastante pequenas. O fociño é longo e fino e, como noutros membros da familia, presentan dous sucos ventrais en forma de "V" na área da garganta. Os machos só teñen dous dentes no maxilar inferior. En dous dos exemplares examinados, estes dentes estaban rotos e, polo tanto, suponse que hai pelexas entre especies parentes do sexo masculino. Estímase que o modo de vida é o mesmo que o dos outros zifios.Wilson, D. E. & Mittermeier, Russell A. (2014): Mesoplodon hotaula. En: Handbook of the Mammals of the World, Volume 4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-99-6.

Ameazas É de supoñer que as ameazas da especie son similares ás das outras do xénero. (Véxase, por exemplo, Mesoplodon ginkgodens ou Mesoplodon grayi).

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que non hai información sobre a abundancia ou as tendencias da poboación desta especie cualifica o seu status como DD (datos insuficientes).Pitman, R. L. & Taylor, B. L. (2020): Mesoplodon hotaula na Lista vermella da UICN. Versión 2020-3. Consultada o 11 de xaneiro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dalebout, M. L. et al. (2014): "Resurrection of Mesoplodon hotaula Deraniyagala 1963: A new species of beaked whale in the tropical Indo-Pacific". Marine mammal science. 30 (3): 1081–1108. (Resume). Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen, eds. (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9. Reeves, Randall R. & Leatherwood, S. (1994): Dolphins, porpoises and whales: 1994–98 Action plan for the conservation of cetaceans. Gland, Suíza / IUCN. ISBN 2-8317-0189-9. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros ariigos Zifíidos Mesoplodon

Categoría:Ziphiidae Categoría:Cetáceos do océano Índico Categoría:Cetáceos do océano Pacífico Categoría:Animais descritos en 1963