thumb|Detalle dunha ánfora na que se representa o combate entre Heracles (segundo pola esquerda, e tras el, Atenea) e Cicno (segundo pola dereita, apoiado por Ares). No centro, Zeus (cerámica de figuras negras atopada en Rodas, c. 550 – 530 a. C.
Entre os diferentes personaxes mitolóxicos que levan o nome de Cicno, o máis afamado "O heroe máis célebre que leva o nome de Cicno é o fillo de Ares e de Pelopia" (Grimal, s. v. Cicno 3. foi o fillo de Ares e de Pelopia, filla de Pelias. Para Pseudo-Apolodoro era fillo de Ares e de Pirene Biblioteca mitológica II, 5, 11..
Cando Heracles se dirixía ó Xardín das Hespérides para cumprir o último traballo que lle ordenara o seu primo Euristeo, foi detido por Cicno ó seu paso por Macedonia. Era este Cicno un home extremadamente violento, pois mataba os viaxeiros e cortáballes a cabeza para construír cos cranios un santuario en honor do seu pai, especialmente ós peregrinos que ían camiño de Delfos, motivo polo que se alporizou Apolo, titular nese momento do oráculo e fundador do santuario do lugar En definitiva, o destinatario dos regalos que levaran os peregrinos.. Por este motivo, Apolo fixo a Cicno obxectivo de Heracles.
Cicno retou a Heracles a un combate singular, como adoitaba facer cos estranxeiros, pero Heracles matouno sen problemas. Ares converteuno na constelación de Cygnus e, para vingar a súa morte, atacou a Heracles; este lanzoulle a súa xavelina, pero foi desviada por Atenea e Ares só resultou ferido, na coxa, tralo cal refuxiouse no Olimpo. O combate de Heracles fronte a Cicno e Ares foi descrito con detemento por Hesíodo en Escudo (57-481).
Na narración de Pseudo-Apolodoro foi o propio Zeus quen separou a Ares e Heracles lanzando un raio entre ámbolos dous.
Máis adiante, e xa cumpridos os doce traballos de Heracles e liberado da súa escravitude, Pseudo-Apolodoro narra un novo encontro con outro Cicno, a quen tamén mata.
Notas
Véxase tamén Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: "Escudo", en Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Catasterismos