A Universidade Pontificia da Santa Cruz é unha institución universitaria situada en Roma, inaugurada o 15 de outubro de 1984. Está a cargo da Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei.

O 9 de xaneiro de 1990, foi creado o Ateneo Romano da Santa Cruz, autorizado para impartir os estudos en teoloxía e filosofía. En 1998, tras cumprir os requisitos, o papa Xoán Paulo II outorgoulle o título de universidade pontificia. En 2021 ofertaba tamén as licenciaturas de Dereito canónico e Comunicazione istituzionale (en galego, Comunicación institucional). Os graos académicos de licenciatura e doutoramento teñen validez canónica completa.

O Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Apolinar (ISSRA), creado en 1986 e que depende da Facultade de Teoloxía, concede o título de Licenciado en Ciencias Relixiosas co primeiro ciclo, e de Licenciado Maxistral en Ciencias Relixiosas cando se acaba o bienio da especialidade. Ten tamén un Centro de Formación Sacerdotal e un Departamento de Idiomas.

En 2005 tiña 1 400 estudantes de 97 países e en 2009, 7 000 estudantes de 102 procedencias. Algúns deles reciben anualmente sostemento económico por parte do Centro Académico Romano Fundación (CARF) para realizar os seus estudos eclesiásticos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da universidade Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Apolinar

Categoría:Universidade Pontificia da Santa Cruz