The Forbidden Kingdom (en chinés clásico e simplificado:功夫之王; en pinyin: Gōngfu zhī wáng; en cantonés: Gungfu ji wong; lit. "O rei do kung-fu") é un filme chinés-estadounidense de 2008 escrito por John Fusco e dirixido por Rob Minkoff. Está protagonizado por Jackie Chan e Jet Li. Está vagamente baseado na historia do século XVI Viaxe ao Oeste, e é o primeiro filme coprotagonizado por Jackie Chan e Jet Li. As escenas de accións foron coreografadas por Yuen Woo-ping.

O filme foi distribuído nos Estados Unidos a través de Lionsgate e The Weinstein Company, e na China a través de The Huayi Brothers Film & Taihe Investment Company. Estreouse en DVD e Blu-ray o 9 de setembro de 2008. O consenso crítico de Rotten Tomatoes eloxiou as escenas de loita pero que o filme contén demasiado recheo. The Forbidden Kingdom recadou 128 millóns de dólares sobre un orzamento de 55 millóns.

Personaxes Jackie Chan como Lu Yan / Hop Jet Li como the Monkey King / Silent Monk Michael Angarano como Jason Tripitikas Liu Yifei como Golden Sparrow / rapaza de Chinatown Collin Chou como Señor da guerra de Xade Li Bingbing como Ni Chang Deshun Wang como o Emperador de Xade

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua cantonesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rob Minkoff Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes wuxia Categoría:Filmes de viaxes no tempo Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes ambientados na China Categoría:Filmes baseados en Viaxe ao Oeste