Antón Cancelas Padín, nado en Vigo en 1955, e finado ibídem o 9 de xaneiro de 2021, foi un actor de dobraxe galego.

Traxectoria Comezou a traballar en dobraxe en 1986, nos inicios da TVG, e foi a voz de J.R. na serie de televisión Dallas, sendo esta a primeira serie que emitiu a canle na súa historia. Ao longo dunha carreira de máis de 30 anos puxo a voz en galego de numerosos personaxes de cinema e televisión, sendo a voz habitual de Clint Eastwood, Jack Nicholson, Arnold Schwarzenegger ou Anthony Hopkins, e traballou na dobraxe da saga de Harry Potter ou As bólas máxicas.

A frase A rañala, raparigo pronunciada por Cancelas en Terminator 2: O xuízo final nunha escena na que Terminator acaba co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG. Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina en ElDoblaje.com

Categoría:Nados en 1955 Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes