Mario Hernán Conejo Maldonado, nado en Peguche, Otavalo, o 25 de xuño de 1959, é un dirixente indíxena, sociólogo e político ecuatoriano de nacionalidade kichwa-otavalo. É o alcalde do municipio de Otavalo dende maio de 2019.
Traxectoria Mario Conejo foi un dos membros fundadores do movemento Pachakutik, e no ano 2000 foi elixido como o primeiro alcalde indíxena de Otavalo, sendo ademais un dos primeiros alcaldes indíxenas da historia ecuatoriana. Foi reelixido en 2005 e 2009. En 2006 deixou Pachakutik, e logo uniuse a Alianza PAIS e aos movementos Minga e Únete. Con Alianza PAIS foi candidato a alcalde en 2014, mais perdeu. En 2019 foi outra vez elixido alcalde co movemento Únete.Pachakutik se auto analiza luego de la crisis por la salida del alcalde Conejo. Explored.com, 24 de enero de 2006
Mario Conejo Maldonado é irmán do poeta Ariruma Kowii e tamén de Roberto Conejo Maldonado, exdirector do Magap zona 1 Imbabura.
Notas
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Políticos de Ecuador