Dermatobia hominis (do grego δέρμα, pel + βίος, vida, e do latín hominis, dun humano), é unha especie de mosca cuxas larvas parasitan os humanos (ademais dunha ampla gama doutros animais, incluíndo outros primates). É o único éstrido que parasita o ser humano.
Esta especie é orixinaria de gran parte do continente americano, dende México até o norte da Arxentinae Chile, aínda que non é numerosa abondo como para considerala unha auténtica praga. As erupcións que producen na pel teñen pouca tendencia a infectarse, probablemente porque a propia larva segrega antibióticos como unha estratexia adaptativa de maneira que a propia larva dispoña de alimento en bo estado. A infección é moito máis probábel se a larva é parcialmente extraída ao intentar eliminala, deixando restos baixo a pel.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Animais descritos en 1781 Categoría:Insectos de América do Sur Categoría:Insectos de América Central