Solenodon paradoxus é unha especie do xénero Solenodon que habita soamente na illa da Española, a illa dividida entre os modenos estados da República Dominicana e Haití. A especie foi descrita por vez primeira por Brandt en 1833. Unha especie semellante pero máis cativa (Solenodon marcanoi), tamén habitou outrora na illa, mais extinguiuse após a colonización europea.
Descuberta En 1833, a Academia de Ciencias de Rusia recibiu un novo espécime procedente de Haití. Desconcertado polo animal, o naturalista alemán Johann Friedrich von Brandt chamouno Solenodon paradoxus. Non se coñecía máis información sobre o animal, agás a súa relación coa especie Solenodon cubanus descuberta en 1861, e durante un tempo considerouse extinto. Addison Emery Verrill e Alpheus Hyatt Verrill redescubriron a especie na República Dominicana en 1907, mais en 1964 considerouse de novo extinto.
Notas
Categoría:Solenodon Categoría:Mamíferos do Caribe Categoría:Mamíferos da República Dominicana Categoría:Mamíferos de Haití Categoría:Animais descritos en 1833 Categoría:Mamíferos velenosos