é unha serie de animación xaponesa creada en 2020 por Toei Animation, baseada na serie do mesmo nome, Digimon Adventure de 1999. É o primeiro reboot da franquía. A serie mantén os personaxes clásicos e ten algúns personaxes novos cunha historia renovada (pero mantendo algúns acontecementos do orixinal ou semellantes). Os tres primeiros emitíronse en abril pero os seguintes episodios non se emitiron ata o 28 de xuño (por causa da pandemia da COVID-19).
Argumento No ano 2020, unha serie de ciberataques ocorren en Tokyo e son o resultado de eventos catastróficos noutro mundo dentro de Internet, o Mundo Dixital, onde viven unhas criaturas chamadas Digimon. Mentres se preparan para o campamento de verán, sete nenos son transportados ao Mundo Dixital onde adquiren Digivices e compañeiros Digimon ao saber que foron escollidos para deter ameazas descoñecidas para os seus mundos.
Personaxes Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.
Personaxes principais Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe Taichi "Tai" KamiyaYagami Taichi (八神 太一) Yūko Sanpei (XAP) Agumon Chika Sakamoto (XAP) O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Ten o emblema do Valor. Yamato "Matt" IshidaIshida Yamato (石田 ヤマト) Daisuke Namikawa (XAP) Gabumon Mayumi Yamaguchi(XAP) É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade. Sora TakenouchiTakenouchi Sora (武之内 空) Ryoko Shiraishi (XAP) BiyomonPiyomon Atori Shigematsu (XAP) Ten o emblema do Amor. Koushiro "Izzy" IzumiIzumi Kōshirō (泉 光子郎) Yumiko Kobayashi (XAP) Tentomon Takahiro Sakurai (XAP) Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento. Mimi TachikawaTachikawa Mimi (太刀川 ミミ) Marika Kouno (XAP) Palmon Kinoko Yamada (XAP) Nun principio é vista como a egoísta e malcriada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia. Joe KidoKido Jō (城戸 丈) Takeshi Kusao (XAP) Gomamon Junko Takeuchi (XAP) O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade. Takeru "T.K." TakaishiTakaishi Takeru (高石 タケル) Megumi Han (XAP) Patamon Miwa Matsumoto (XAP) O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ten o emblema da Esperanza. Hikari "Kari" KamiyaYagami Hikari (八神 ヒカリ) Misaki Watada (XAP) GatomonTailmon Mie Sonozaki (XAP) É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz.
Malvados Argomon(アルゴモン) Episodios 1-3 Takashi Matsuyama (XAP) O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Un Argomon que evoluciona ata a súa última fase, a mega. Destruído por Omnimon/Omegamon Omnimon é o nome occidental do personaxe e Omegamon é o nome do personaxe en Xapón "O usuario Ginger_Badger contesta aos usuarios Wrathicus e DarkBugz" , Reddit, 13 de outubro de 2017. Segundo o usuario Ginger_Badger "Non só a película, senón tamén o dub inglés da serie. Tamén me desconcertou cando notei por primeira vez a diferenza na tradución. Aínda o chamo Omnimon por costume.”. Reaparecen algúns Argomons pero en fases máis básicas para atacar de novo á rede. MetalTyrannomon(アイズモン) Episodios 9-10 Descoñecido (XAP) O segundo malvado ó que se enfrontan. Despois das derrotas de Ogremon fronte aos nenos elixidos, é enviado para rematar ao Ogremon e eles. Destruído por MetalGreymon. Eyesmon(アイズモン) Episodios 3 (Ovo), 15-18 Kensuke Ōta (XAP) O terceiro malvado ó que se enfrontan. Pode evolucionar a Orochimon (オロチモン) e despois a Nidhoggmon (ニーズヘッグモン). Destruído por Omnimmon/Omegamon. SkullKnightmon(スカルナイトモン) Episodios 20-24, 27-Presente Descoñecido (XAP) Un poderoso servo de Devimon, que pode evolucionar a AxeKnightmon/DarkKnightmonAxeKnightmon é o nome occidental do personaxe e DarkKnightmon é o nome do personaxe en Xapón [ "No deseño do personaxe, no apartado de etimoloxía"], Digimon Wiki, 13 de outubro de 2017. Segundo a información "O seu nome vén dos dous Digimon dos que está formado Axemon e SkullKnightmo e, en vez diso, na dobraxe orixinal o seu nome vén da palabra "Cabaleiro negro" en inglés”.. Cando o seu amo cae, el consegue escapar cun cristal (o Moon=Millenniummon). Devimon(デビモン) Episodios 14-20 Ryōtarō Okiayu (XAP) O malvado principal da primeira parte da serie. Pode evolucionar a NeoDevimon e despois a DoneDevimon. Na súa batalla con Greymon e Garurumon vese falando con alguén, quen pode ser o quen obriga a traballar para el. Destruído por Angemon.
Outros personaxes Andromon: era un bo Digimon, que estaba desactivado nunha fábrica abandonada. Foi espertou e controlado por un Soundbirdmon. Guardromon: é un bo Digimon, que foi atopado por Mimi. Foi o mellor amigo de Andromon. Leomon: é un forte guerreiro que aparece xunto aos seus seguidores que axudan aos nenos elixidos, despois de axudar a uns dos seus amigos. Ogremon: foi un fiel servo de Devimon ata que el o mudou polo MetalTyranomon. Facéndoo decidir a dicir aos nenos elixidoos a localización do castelo de Devimon. Aparece nos episodios 5-9. Soundbirdmon: é unha especie de Digimon que controla aos bos Digimon (coma as rodas negras do Digimon Adventure clásico ou os aneis do mal, as espirais do mal e as agullas de control de Digimon Adventure 02). Irmán de Joe: é o irmán máis vello de Joe. Aparece brevemente falando con Joe, despois de que Joe volvese xunto aos outros (Izzy, Mimi e Sora) enviados de volta á terra por Devimon. Splashmon (Darkness Mode 2): aparece do lago de Miasma preto do castelo de Devimon. Whamon: axuda ao Izzye Tentomon. Varodurumon (Valdurmon): foi o Digimon que enviou aos nenos elixidos ao mundo dixital. O seu nome, probablemente veña de Baldur, o Deus da pureza da mitología escandinava que habitaba na estratosfera 40 quilómetros por enriba da superficie. Eldoradimon: é un Digimon xigante coa aparencia dunha tartaruga e nel se atopaba o castelo de Devimon (antes dos Digimon sagrados). Yuuko Kamiya: a nai de Tai e Kari. O seu nome, vén do "El Dorado", unha cidade feita de ouro. Miko: o gato da familia Kamiya.
Episodios # Título Data de emisión Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Digimon Lista de digimons
Categoría:Digimon Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión do Xapón