Pría é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias. En 2016 tiña unha poboación de 478 habitantes (segundo o INE) repartidos en 10,84 km² nos lugares de Belmonte, Garaña, Llames, La Pesa, Piñeres de Pría, Silviella e Villanueva.

Demografía

Lugares de interese turístico Hai tres praias, a de Guadamía na vila de Llames, a de Canal en Villanueva e a de Cueves del Mar, que limita coa parroquia polo leste. Pódese percorrer a pé o treito que hai entre a praia de Guadamía e a da Cueves seguindo a ruta dos bufóns de Pría (buratos que comunican os cantís co mar).

O Pazo de Garaña, na localidade homónima, foi construído a finais do século XIX como residencia de verán dos marqueses de Argüelles.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:Parroquias de Llanes