Hanno Aleksanteri Möttölä, nado en Helsinqui o 9 de setembro de 1976, é un ex xogador finés de baloncesto profesional. Mide 2,08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.
Traxectoria Tras xogar para a Universidade de Utah, Möttöla foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Atlanta Hawks, onde xogou durante dúas tempadas antes da súa volta a Europa. Alí xogou para o Saski Baskonia da Liga ACB, no Fortitudo Bologna italiano onde en 2004 conseguiu chegar ás finais da Lega Basket Serie A e á final da Euroliga, e no Victoria Libertas Pesaro italiano.
Tras o seu paso polo MBC Dinamo Moscova ruso e o BC Žalgiris lituano, Möttöla asinou co Aris BC grego o 26 de xullo de 2007.
O 26 de setembro de 2008, Möttöla anunciou a súa retirada do baloncesto profesional, pero nove meses despois decidiu xogar de novo. En setembro de 2009, Möttöla asinou co Torpan Pojat finés, onde xogou durante catro tempadas nas que conseguiu un subcampionato de liga en 2010 e outro de copa en 2011.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de Finlandia Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna Categoría:Xogadores do Victoria Libertas Pesaro Categoría:Xogadores do MBC Dinamo Moscova Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas Categoría:Xogadores do Aris BC