O Menhir de Ouro (en ) é unha aventura da serie Astérix de René Goscinny (guión) e Albert Uderzo (ilustracións) editado orixinalmente como audiolibro en 1967. Foi reeditado como álbum fóra da colección e publicado en varias linguas simultaneamente o 21 de outubro de 2020.

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Xerais en outubro de 2020. A obra en galego conta cun CD coas voces de Xerardo Couto (Astérix), Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracentúrix), que contan a historia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1967 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego