A praia de Guadamía, tamén coñecida como praia de Aguamía ou de L'Aguada,Guía total de las playas de Asturias. 244 rincones para disfrutar de la costa asturiana. Alejandro del Río. Ediciones Nobel. 2013. ISBN 978-84-8459-669-1 Pág.231 atópase na localidade de Llames, na desembocadura do río Guadamía, que marca o límite entre os concellos de Llanes e Ribeseya. Enmárcase nas praias da Costa Verde e está considerada paisaxe protexida desde o punto de vista medioambiental (pola súa vexetación e tamén polas súas características xeolóxicas). Por este motivo está integrada na Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.

Descrición A praia presenta unha forma irregular e accédese a ela por un antigo camiño de carros que vai dende a vila de Llames. Tamén existen dous accesos a pé pola ladeira de Cuerres.

A praia non conta con servizo algún, agás o da súa limpeza. Arrodeada de cantís (que están cheos de furnas e bufóns —estreitas chemineas verticais polas que a auga sae con forza facendo un grande estrondo) podería considerarse un marco idóneo para o estudo da modelaxe kárstica.

Notas

Categoría:Praias de Llanes