Charles Theodore Seltman, nado o 4 de agosto de 1886 en Paddington, Londres, e finado o 28 de xuño de 1957 en Cambridge, foi un historiador da arte e numismático inglés especializado na Idade Antiga.Sorensen, L. (ed.). (2020)."Charles Theodore Seltman". Find a Grave.

Traxectoria Charles Seltman procedía dunha familia escocesa procedente de Edimburgo; era fillo de Ernest John Seltman e de Barbara Smith Watson. O seu pai iniciouno xa de neno no interese pola cultura e a numismática da Antiga Grecia.

Recibiu a súa educación primaria na escola Berkhamsted, vinculada á igrexa anglicana, e posteriormente, durante a primeira guerra mundial combateu en Francia, no rexemento Suffolk de infantaría.

O 6 de xuño de 1917 casou con Isabel May Griffiths Dane (1893-1935), sobriña de Louis Dane, un alto funcionario da administración colonial británica na India.

En 1918 ingresou no Queen's College, da Universidade de Cambridge, onde fixo os estudos de Historia, con especialidade en Arqueoloxía, dos que se graduou en 1922. O curso seguinte continuou a súa formación na Escola Británica de Atenas e en 1925 acadou o seu grao de mestrado en Cambridge, baixo a dirección de William Ridgeway e Arthur Berbard Cook.

En 1926 comezou a impartir docencia de Estudos Clásicos no Queens' College, da Universidade de Cambridge, e nos anos seguintes participou en varias expedicións arqueolóxicas.

No curso 1929-1930 trasladouse aos Estados Unidos para impartir clases no Archaeological Institute of America, en Boston, e o ano seguinte foi profesor no Oberlin College, en Ohio. De volta a Europa, a súa estadía como profesor de Collège de France concluíu en 1940 por mor da invasión Nazi.

Ao seu regreso a Inglaterra organizou varias exposicións, entre elas para a Royal Academy (1942) e para a Burlington House (1946).

Seltman é coñecido pola súa tese de que as sociedades autoritarias producen arte abstracta, en tanto que as sociedades libres producen arte figurativa, postulada no seu artigo "Art and Society", publicado en 1953.Seltman, C. (1953). "Art an Society". En The Studio CVL. Páxinas 98-114.

A súa muller está soterrada no cemiterio da parroquia da Ascensión, en Cambridge. Pola contra, logo do seu falecemento en Cambridge o 28 de xuño de 1957, Charles Seltman foi cremado nesa localidade o 1 de xullo e, consonte a súa vontade expresa, as súas cinzas foron esparexidas polo Mediterráneo nas proximidades de Mallorca.

Recoñecementos (1945): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1954): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.

Publicacións Charles Seltmann publicou numerosos artigos nas revistas de historia, arte e numismática da súa época, así como un bo número de traballos monográficos."Seltman, Charles Theodore 1886-1957". WorldCat Identities."Seltman, Charles Theodore 1886-1957 ". Digital Library Numis."Charles Theodore Seltman (1886-1957)". Open Library. Internet Archive.

Monografías (1921). The Temple Coins of Olympia. Bowes & Bowes, Cambridge. (1924). Athens, Its History & Coinage before the Persian Invasion. Cambridge University Press. (1924). A hoard from Side. American Numismatic Society, Nova York. (1927). Cambridge Ancient History. Cambridge University Press. (1933). Attic Vase Painting Martin Classical Lectures. Volume III. Harvard University Press. (1933). Greek coins: a history of metallic currency and coinage down to the fall of the Hellenistic kingdoms. [2ª ed; Methuen, Londres, 1955]] (1947). Greek Art (con J. Chittenden). Faber and Faber, Londres. (1948). Approach to Greek Art. Studio Publications, Londres/Nova York. (1948). A Pictorial History of the Queens' College, Cambridge 1448-1948 (con A. D. Browne). (1949). Masterpieces of Greek coinage. Cassirer, Oxford. (1952). A Book of Greek Coins. Penguin Books, Londres. (1952). The Twelve Olympians, Gods and Goddesses of Greece. Pan Books, Londres. (1956). Women in Antiquity. Pan Books, Londres. (1957). Wine in the Ancient World. Routledge & Paul, Londres. (1958). Riot in Ephesus; Writings on the Heritage of Greece. M. Parrish, Londres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gill, D. W. J. (2004). "Seltman, Charles Theodore (1886-1957)". En Todd, R. B. (ed.). The Dictionary of British Classicists. Thoemmes Continuum, Bristol. Páxinas 882-883. ISBN 978-1855069978 Sorensen, L. (ed.). "Seltman, Charles Theodore". En Dictionary of Art Historians. Duke University.

Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en Londres Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Historiadores da arte Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Personalidades sen imaxes