Beatriz Moyano de Beça, coñecida como Tati Moyano, nada no Porriño en 1977, é unha xornalista galega.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid e posgraduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.

Nun inicio traballou nos informativos da TVG copresentando programas e conexións en directo, logo como guionista na CTV e redactora en Mediapro para TVE e de novo en 2003 para a TVG.

Na TVG levou o Telexornal noite, Galicia noticias serán, A revista, Programas especiais e, en distintas temporadas, o Telexornal serán. En 2020 o seu traballo na TVG é de redactora de informativos.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Presentadores da TVG