Dolores Bouzón, finada en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 2005, foi unha presentadora de televisión galega.

Traxectoria Bouzón traballou en Ondas Galicia, onde coincidiu con Moncho Lemos. Posteriormente pasou á televisión, sendo a primeira persoa que apareceu na Televisión de Galicia, anunciando o inicio da emisión da cadea. Nesa canle presentou galas, foi reporteira de informativos e presentadora dos programas O que vai vir, Esto é noticia e De todo corazón, para este programa creou a personaxe de Lola Corazón, que chegou a ter un programa propio, do que só se emitiu un episodio.

Retirouse da televisión no ano 2002 por mor do agravamento da súa saude, provocado por unha enfermidade. Morreu en xaneiro de 2005 e deixou un fillo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas 15x15px

Categoría:Finados en 2005 Categoría:Presentadores da TVG