Carmen Arnold-Biucchi, nada en Lugano, cantón de Tesino, en 1947, e finada en Cambridge, Massachusetts, o 2 de xaneiro de 2026, foi unha arqueóloga e numismática suíza, aveciñada nos EEUU e vinculada á American Numismatic Society."Remembering Carmen Arnold-Biucchi ". American Numismatic Society (numismatics.org).
Traxectoria Arnold-Biucchi estudou Arqueoloxía Clásica na Universidade de Friburgo, onde acadou o seu grao de mestrado en 1971 e o seu doutoramento en 1976, baixo a dirección de Lilly Kahil, cunha tese acerca das terracotas chipriotas, cuxa preparación a obrigou a pasar estadías en Heidelberg, Alemaña.
O seu interese pola numismática xurdiulle durante un seminario en Friburgo impartido por Herbert Cahn.
Entre 1974 e 1977 formou parte do equipo de numismáticos que se encargaron da elaboración do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (LIMC), en Basilea, no que se encargou da iconografía numismática. Este proxecto levouna a desprazarse aos EEUU, para traballar no LIMC US Center, da Universidade Rutgers, de Nova Jersey.
En Nova York, Carmen Arnold-Biucchi accedeu en 1982 ao posto de conservadora axudante de moeda da Antiga Roma e da Antiga Roma na American Numismatic Society (ANS), e en 1989 foi nomeada conservadora de moeda da Antiga Grecia. Na ANS, compaxinou este labor co de profesora nos seus seminarios de verán desde 1982 ata 1999.
Así mesmo, foi profesora adxunta na Universidade Columbia (1995-1999), no Bryn Mawr College, de Pensilvania (2000) e na Universidade da Cidade de Nova York (2001), e profesora visitante en diversas institucións europeas, como a Universidade de Padua (1993) ou a Sorbona, en París (2007). Desde 2002 é profesora de Numismática na Universidade Harvard, onde tamén desempeña o papel de conservadora, foi a primeira, da colección de moedas antigas do Harvard Art Museum;"Carmen Arnold-Biucchi". En Harvard Magazine. Setembro-outubro de 2003. cargo do cal se retirou en 2019.
En 2003 foi elixida membro do Consello Internacional de Numismática, organismo do que foi secretaria ata 2009 e presidenta entre ese ano e 2015. En tal condición, encargouse da organización do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Taormina, Sicilia, en 2015."Messina/Taormina 2015 ". International Numismatic Council.
Carmen Arnold-Biucci finou en Cambridge, Massachusetts, finada en Cambridge, Massachusetts, o 2 de xaneiro de 2026, aos 78 anos."Décès de Carmen Arnold-Biucchi (1947-2026) et John H. Kroll (1938-2026)". Société franáise de numismatique (Sfnumismatique.org).
Recoñecementos 2012: Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik, de Gotemburgo, Suecia."Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Setembro de 2012. Páxina 114. 2014: Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París. 2022: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.
Publicacións Carmen Arnold-Biucchi é autora de ducias de artigos publicados en diversas revistas científicas sobre historia e numismática. Esta é unha selección dos seus traballos monográficos máis significativos:"Carmen Arnold-Biucchi. Publications". Harvard University.
(1990). The Randazzo Hoard and Sicilian Chronology in the Early Fifth Century B.C. American Numismatic Society, Nova York. Numismatic Studies, 18. (2006). Alexander’s Coins and Alexander’s Image. Harvard University Art Museums. ISBN 978-1891771415 (2015). Survey of numismatic research: 2008-2013 (con M. Caccamo Caltabiano). International Association of Professional Numismatists / International Numismatic Counicl. ISBN 9788897805427 (2019) (ed., con M. Beckmann). Sculpture and Coins: Margarete Bieber as Scholar and Collector. Harvard University Press. ISBN 978-0674428379
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Nados no cantón de Tesino Categoría:Numismáticos de Suíza Categoría:Arqueólogos de Suíza Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade de Friburgo Categoría:Profesores da Universidade de Columbia Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society