Bernardino Graña Refojos, nado en Cangas de Morrazo en 1910 en finado no mesmo concello o 13 de marzo de 1989,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-3-1989, p. 71. foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria Orfo, aos 11 anos entrou no Convento de San Francisco de Herbón, e despois pasou ao Seminario de Santiago de Compostela. Correspondente de El Pueblo Gallego en Cangas, colaborou en Vida Gallega. Foi directivo da Alianza Marinera y Progreso del Mar. En 1934 converteuse en mestre da fundación benéfico-docente Martínez Vázquez de Ribadavia.El Pueblo Gallego, 14-3-1934, p. 12. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de depuración e foi sancionado. Foi mestre no Colexio Akademos de Ribadavia e na Academia Morrazo de Cangas. Impartiu clase na escola Eirado do Sinal, foi rehabilitado e incorporouse ao maxisterio nacional en 1977 como mestre do Colexio de San Roque. En 1950 presentou a novela Por los caminos de la carne ao Premio Nadal. Escribiu outra novela titulada La Isla.

Vida persoal Casou con Amparo Villar Martínez e foi pai de Bernardino e María del Carmen Graña Villar.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1989

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes