Fernando Altés Villanueva, nado en Valladolid o 19 de xuño de 1909 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 2004, foi un profesor e xornalista español.

Traxectoria Profesor de Lingua e Literatura. En 1935 foi nomeado profesor de Letras da fundación benéfico-docente Martínez Vazquez de Ribadavia,El Pueblo Gallego, 13-6-1934, p. 3. da que foi nomeado director ese mesmo ano. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asesor xurídico de El Norte de Castilla en 1939 e despois xerente até 1956, cando foi designado conselleiro delegado do xornal. Impulsou a expansión do periódico propiciando a apertura das delegacións de Palencia, Segovia e Zamora. Foi un dos fundadores da axencia de noticias Colpisa e conselleiro da axencia EFE durante 20 anos. Estivo vinculado as empresas editoras Santarén, Miñón, Librería Lara e Macrolibros. Foi secretario do Ateneo de Valladolid.

Vida persoal Casou con Carmen Bustelo Menéndez, e foi pai de Fernando, Carmen, Ángel, José Marís, Asunción, María Paz e Jacinto Altés Bustelo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Altés Villanueva, empresario editorial y periodístico

Categoría:Xornalistas de Castela e León Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 2004