Christopher Scott Kannberg, nado en Stockton (California) o 30 de agosto de 1966 e coñecido profesionalmente como Scott Kannberg e Spiral Stairs, é un músico estadounidense coñecido por ser un dos membros fundadores da banda de indie rock Pavement. Tamén liderou o grupo Preston School of Industry e tivo unha carreira como artista en solitario.

Traxectoria Kannberg era amigo da infancia de Stephen Malkmus, medrando ámbolos dous na mesma vila de Stockton. Xuntos formaron a banda Pavement baixo os pseudónimos de "Spiral Stairs" e "SM", respectivamente. Kannberg compuxo e foi a voz principal de varias cancións do grupo, como "Painted Soldiers", "Hit the Plane Down", "Kennel District", "Date With IKEA", e "Passat Dream". Trala disolución de Pavement formou unha nova banda chamada Preston School of Industry con Matador Records. A banda publicou un EP e dous álbums, pero volveuse inactiva no ano 2004. No ano 2009 Kannberg editou o seu primeiro álbum en solitario, The Real Feel, co nome de Spiral Stairs.

En 2010 participou na reunión de Pavement. Tras disolveuse novamente a banda, Kannberg mudouse a Australia coa súa muller e a súa filla. Posteriormente regresaron aos Ánxeles, onde viviron tres anos, e despois movéronse a Mérida, México, onde se estableceran os seus sogros.

A principios de 2015 Kannberg reservou tempo nun estudio de Seattle para gravar un novo traballo de Spiral Stairs, pero a morte do batería Darius Minwalla, que traballara con el en The Real Feel, fixo que a gravación se adiase tres meses. O disco, Doris and the Daggers, sería editado finalmente en marzo de 2017.

En marzo de 2016 publicaría un novo traballo como Spiral Stairs, We Wanna Be Hyp-No-Tized.

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados no condado de San Joaquin, California Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América