Steve West, nado o 8 de decembro de 1966, é un músico estadounidense coñecido principalmente por ser o batería da banda de indie rock Pavement. Dende a disolución de Pavement converteuse nun activo artista no condado de Rockbridge, Virxinia. É o protagonista de "Westie Can Drum", unha cara b publicada no sinxelo de Pavement "Stereo".

Biografía Nado en Richmond, Virxinia, West coincidiu no instituto co seu futuro compañeiro en Pavement Bob Nastanovich; os dous coñecéronse cando West tiña catorce anos. Despois foi alumno da Virginia Commonwealth University, onde estudou arte, antes de mudarse á cidade de Nova York e traballar como garda de seguridade no Whitney Museum. Un dos seus colegas no museo era Stephen Malkmus, outro dos seus futuros compañeiros en Pavement.

Carreira

Pavement West foi elixido para unirse a Pavement en 1993, despois de que a banda despedise ao seu batería orixinal, Gary Young. A primeira vez que West tocou coa banda foi no seu álbum de 1994 Crooked Rain, Crooked Rain; permaneceu na banda a ta a súa disolución no ano 1999. Durante o seu tempo en Pavement West foi criticado e menospreciado frecuentemente por Malkmus por non ser o suficientemente competente a nivel técnico. West foi descrito como un batería "infinitamente máis competente" que Young, aínda que o propio Young non comparte esa opinión.

Marble Valley Mentres estaba e Pavement West iniciou un proxecto en solitario, Marble Valley. Marble Valley publicou o seu álbum de estrea en 1997. En 2010, Marc Hawthorne de SF Weekly describiu á banda como "...un paxaro estraño, xogando co pop, o postpunk, a psicodelia, o rap, e calquera outra cousa que poida poñer ao servizo de cancións que poden ir de raras a máis raras".

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Baterías