O río de Portabenza, tamén coñecido no último treito como río Samel, é un curso fluvial galego, afluente do río Mandeo pola súa dereita, que discorre mormente polo límite entre os concellos de Aranga e Curtis.
Toponimia miniatura|esquerda|Mapa do Portabenza, 1941. O vocábulo «portabenza» está formado polas voces «port(o)» e «abenza». A primeira deriva do latín portus, ‘vao ou pasaxe dun río’. Canto á segunda, descoñécese a etimoloxía, mais considéranse varias posibilidades sobre a súa procedencia:
Da raíz paleoeuropea *ab- ou *ap-, ‘auga ou río’. Comporíase co sufixo *-entia, formado á súa vez polo sufixo adxectival e participial *-nt- e o feminizador -ia. Dun antropónimo latino como Aduentus ou Auentius que remita a unha (villa) *aduentia ou *auentia da súa posesión. Do nome común «habenza» (en galego medieval «avença»), que provén do latín habentia e significa ‘conxunto do gado miúdo pertencente a un ou varios veciños’.
Percorrido
Nace no lugar das Corviteiras, no extremo nordeste da parroquia de Foxado, do concello de Curtis, preto do punto onde a propia parroquia converxe coas de Aranga e Santa Mariña de Lagostelle, dos concellos de Aranga e Guitiriz. Coa excepción do seu nacemento, o seu curso serve como límite entre os concellos de Aranga e Curtis. Diríxese ó oeste, cruzándose dúas veces coa vía férrea da liña León-A Coruña e pasando ó sur do apeadoiro de Aranga. Após se cruzar de novo coa liña de ferrocarril, pasa ó norte do lugar de Samel (Foxado). Neste último treito tamén recibe o nome de río Samel. Finalmente desemboca no encoro da Castellana, no río Mandeo.Acta de Deslinde n.º 670 de Aranga e Curtis (1941).Folla 46-IV titulada Guitiriz do ano 2001 do Mapa Topográfico Nacional de España a escala 1:25000.
Afluentes Os seus afluentes, desde o nacemento até a desembocadura, son: Rego de Portos Carros, pola marxe esquerda. Rego Picho, pola marxe esquerda.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Aranga Categoría:Curtis Categoría:Río Mandeo Categoría:Ríos da provincia da Coruña Categoría:Topónimos de ríos galegos con etimoloxía