Ioannis Nikolaos Svoronos"Svoronos, Jean Nikolaus 1863-1922". Digital Library Numis. (grego: Ιωάννης Ν. Σβορώνος), nado o 27 de abril de 1863 en Míconos e finado o 7 de setembro de 1922 en Atenas, foi un numismático e arqueólogo grego.Arnold-Biucchi, C. (2015) ."Svorònos, Joànnis". Treccani. Enciclopedia on line.
Traxectoria Svoronos naceu nunha familia de mariños mercantes que se ocupaban do comercio de trigo entre Rusia e Grecia.Arnold-Biucchi, C. (2015) . Páxina 26.
Entre 1974 e 1978 cursou a súa educación secundaria, e xa os seus mestres advertiron a súa atracción pola numismática e a arqueoloxía. Seguindo o desexo da familia, Svoronos matriculouse na Escola de Dereito da Universidade de Atenas, mais abandonou os seus estudos para se dedicar á arqueoloxía e á numismática, inicialmente de xeito autodidacta, con frecuentes visitas a Atenas para comprar libros sobre esas materias.
Ao seu regreso a Grecia ingresou no Museo Numismático de Atenas, coa axuda do seu tío, Alexander Meletopoulos, un influente coleccionista de moedas e antigüidades que o recomendou ao daquela director do museo. A súa adscrición a esta institución permitiulle facer frecuentes viaxes para visitar as principais coleccións numismáticas europeas e, entre os anos 1883 e 1887, para se formar nas universidades de Berlín, de Londres e de París, cos mellores profesores do seu tempo.
Ao remate deste período formativo, en 1887 regresou ao Museo Numismático de Atenas, onde ocupou un posto de axudante, aínda que axiña foi reclamado por Theodor Mommsen para volver a Berlín e colaborar un tempo con Friedrich Imhoof-Blumer.Arnold-Biucchi, C. (2015) . Páxina 28.
En 1889, cando Svoronos tiña 26 anos, foi nomeado director do Museo Numismático de Grecia, posto que ocupou durante máis de tres décadas, ata a súa morte en 1922.
En 1898, fundou e dirixiu a publicación de periodicidade anual Journal International d’Archéologie Numismatique, na que el mesmo foi un destacado colaborador, coa publicación de múltiples artigos.Sirva como exemplo: Svoronos, I. (1914): "Stylides, ancres hierae, aphlasta, stoloi, akrostolia, embola, proembola et totems marins". En Journal International d’Archéologie Numismatique, XVI. Páxinas 81-152.
No período 1918-1920 exerceu a docencia na Universidade de Atenas, como titular da cátedra de Numismática, Metroloxía e Escultura.Arnold-Biucchi, C. (2015) . Páxina 29.
Ioannis Svoronos faleceu en Atenas en setembro de 1922 vítima dun derramo cerebral que se atribúe ao exceso de traballo, xa que naqueles momentos estaba a elaborar seis traballos simultaneamente.Arnold-Biucchi, C. (2015) . Páxina 30.
Recoñecementos
(1914): Medalla da Royal Numismatic Society."Presentation of the Medal of The Royal Numismatic Society to M. Jean N. Svoronos "."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1921): Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma das monografías de Ioannis Svoronos ao longo da súa carreira:"Σβορώνος, Ιωάννης Ν.". En The Digital Library of Modern Greek Studies."Svorōnos, Iōannēs N. 1863-1922". WorldCat.
(1890): Numismatique de la Crète ancienne: accompagnée de l'histoire, la géographie et la mythologie de l'ile. Macon. (1895): Περί της σημασίας των νομισματικών τύπων των αρχαίων. Atenas. (1896): Φως επί των αρχαιολογικών σκανδάλων. Atenas. (1896): Εικών του εν Ελλάδι επιστημονικού βίου. Atenas. (1898): Ο Λυκούργος και Αμβροσία. Atenas. (1898): Περί των εισιτηρίων των αρχαίων. Atenas. (1899): Τις η νήσος "Συρίη" του Ομήρου (Συνέχεια και τέλος). Atenas. (1899): Νομίσματα: Α'.) Αλεξανδρινά αστρονομικά. Β.) Απολλωνίας της εν Πόντω και της νήσου Πεπαρήθου. Atenas. (1899): Χρυσά νομίσματα και εικόνες των βασιλισσών της Αιγύπτου. Atenas. (1899): Βυζαντιακά νομισματικά ζητήματα: Μετά 70 εικόνων. Atenas. (1899): Der athenische Volkskalender. Atenas. (1901): Ερμηνεία των μνημείων του Ελευσινιακού μυστικού κύκλου: και τοπογραφικά Ελευσίνος και Αθηνών. Atenas. (1902): Kαι πάλιν περί του πίνακος της Ναννίου. Atenas. (1905): Les Nouveaux timbres-poste de l’île de Crète et le modèles de monnaies antiques. La Canee. (1908): Das Athener Nationalmuseum. 1. Atenas. (1910): Leçons numismatiques. Les premières monnaies. Bruxelas. (1911): Das Athener Nationalmuseum. 2. Atenas. (1913): Numismatique de la Péonie et de la Macédoine avant les guerres médiques. Première partie. Atenas. (1919): L'hellénisme primitif de la Macédoine prouvé par la numismatique et l'or du Pangée. Atenas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Arnold-Biucchi, C. (2015). "Great Numismatists: Ioannis Nicolas Svoronos ". En Compte rendu 62. International Numismatic Council. Páxinas 25-30. Oikonomos, G. P. (1927). "Jean N. Svoronos (1863-1922)". En Journal International d'Archéologie Numismatique. Nº 21. Páxinas 3-22. Schubert, H. (2012). "Svoronos, Ioannes Nikolaos". En Der Neue Pauly Supplementband 6. Páxinas 1206-1207. Outros artigos Museo Numismático de Atenas
Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados na periferia do Exeo meridional Categoría:Numismáticos de Grecia Categoría:Arqueólogos de Grecia Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Atenas Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Profesores da Universidade de Atenas Categoría:Escritores en lingua grega moderna Categoría:Finados por accidente cerebrovascular