Gjulistana Jumerovska Markovska, nada en Kumanovo en 1961, é unha oftalmóloga e política macedonia de etnia romaní.

Traxectoria Formouse na Facultade de Medicina da Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje, e especializouse en enfermidades oculares. Traballou como médica de familia no centro de saúde de Kumanovo e como especialista no Hospital Militar de Skopje. Accedeu á Asemblea de Macedonia nas listas da Unión de Forzas Reformistas e despois actuou como independente. Pasou catro anos máis, de 1998 a 2002, como parlamentaria polo VMRO-DPMNE, dirixido por Ljubcho Georgievski. Despois de 2002 retirouse da política activa para exercer a práctica médica privada e mais tamén é vicepresidenta da Sociedade Oftalmolóxica Macedonia.

Notas

Categoría:Políticos de Macedonia do Norte Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Macedonia do Norte Categoría:Alumnos da Universidade Santos Cirilo e Metodio de Skopje Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Médicos