A Malladoura é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 36 habitantes (21 homes e 15 mulleres), tres menos ca no ano 2000. Patrimonio O elemento histórico máis sobranceiro deste barrio é o pazo homónimo, actualmente moi alterado, de influencias arquitectónicas portuguesas. Preto do pazo hai un muíño e o Penedo da MalladouraMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra.. Neste barrio celébrase a tradicional Romaría do Polbo.

Lugares e parroquias

Lugares de Baldráns

Parroquias de Tui

Notas

Categoría:Lugares de Tui