O Cerqueiro é un lugar da parroquia de Baldráns, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 86 habitantes (43 homes e 43 mulleres), a mesma cantidade ca no ano 2000.

Toponimia Cerqueiro é topónimo derivado do latín , unha especie de carballo caducifolio, tamén coñecida como cerquiño.

Patrimonio Neste barrio foron atopados de maneira casual varios bifaces de tipoloxía paleolítica (seixos de cuarcita tallados en ambas as caras). O barrio conta cun muíño, o muíño de NogueiraMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra..

Economía e agricultura O barrio está situado na Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas, concretamente dentro da área do Condado do Tea. Na actualidade hai dúas adegas comerciais activas no barrio.

Lugares e parroquias

Lugares de Baldráns

Parroquias de Tui

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tui

Categoría:Lugares de Tui Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía