A Escudería Centollo é unha escudaría galega fundada na Coruña en 1966. Historia Fundouse en abril de 1966 como a sección automobilística do Moto Club Coruña e o doutor e piloto José Larrea foi o seu primeiro presidente ata 1972. Xa en 1966 organizaron diversas probas como o Rally de Primavera, o Rally de San Pedro, o Rally a Fisterra ou a I Proba de Velocidade da Coruña. En 1967 a escudaría comezou a organizar o Rally da Coruña, continuando de xeito interrompido ata 1990, cando lle cedeu os dereitos do rally a Senra Sport. Ten organizado tamén carreiras de montaña como a Subida a Vilouzás, e carreiras de coches clásicos, como o Rally Rías Altas Histórico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rally da Coruña Escudería Compostela Escudería Berberecho Senra Sport

Categoría:Equipos de automobilismo de Galicia Categoría:Deporte na Coruña Categoría:Rally da Coruña