Lee Miller Emile Morin, nado en Manchester, Nova Hampshire, o 9 de setembro de 1952, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-110.

Traxectoria Morin graduouse en matemáticas e ciencias eléctricas pola Universidade de Nova Hampshire en 1974. É máster en bioquímica pola Universidade de Nova York en 1978 e ten un doutoramento en medicina, así como un grao en microbioloxía, pola Universidade de Nova York en 1981 e 1982 respectivamente. Tamén ten un máster en saúde pública pola Universidade de Alabama en Birmingham en 1998.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-110 e pasando un total de 10,82 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-110

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Nova Hampshire