Armand Gustav Duplantis, nado en Lafayette (Luisiana, Estados Unidos), o 10 de novembro de 1999, é un atleta sueco de orixe estadounidense especializado na proba de salto con pértega. Amplamente considerado como o mellor saltador con pértega de todos os tempos, ostenta o récord mundial con 6,30 m e dende 2020 domina de xeito practicamente absoluto este deporte a nivel mundial. Foi dúas veces campión olímpico (2020 e 2024), tres veces campión do mundo ao aire libre (2022, 2023 e 2025), tres veces campión do mundo en pista cuberta (2022, 2024 e 2025), tres veces campión de Europa ao aire libre (2018, 2022 e 2024), unha vez campión de Europa en pista cuberta (2021) e cinco veces campión da Diamond League (2021, 2022, 2023, 2024 e 2025).

Carreira deportiva É fillo dun pertiguista estadounidense e dunha heptatleta sueca, nacionalidade esta última baixo a cal compite. Empezou a saltar pértega aos seis anos, animado polo seu pai.

No Campionato Mundial Xuvenil de Atletismo de 2015 gañou a medalla de ouro no salto con pértega, cun salto por encima de 5.30 metros, por diante do ucraíno Vladyslav Malykhin (prata tamén con 5.30 metros pero en máis intentos) e o grego Emmanouil Karalís (bronce con 5.20 metros). En 2017 repetiu éxito gañando o ouro no Europeo Sub-20, esta vez sobre 5.65. Xa en categoría absoluta, nos Europeos de Berlín de 2018 levou o ouro cun salto de 6,05 metros.

O 8 de febreiro de 2020 bateu a marca mundial, que estaba en posesión do atleta francés Renaud Lavillenie (6,16), en Torun (Polonia) cunha marca de 6.17 m. Unha semana despois volveu superar a súa marca en Glasgow (Escocia) cunha marca de 6.18 m. En setembro do mesmo ano conseguiu a mellor marca de todos os tempos ao aire libre cun salto de 6,15 m na Golden Gala de Roma, superando os 6,14 m que conseguise Serguéi Bubka en 1994.

O 8 de febreiro de 2020 bateu a marca mundial, que estaba en posesión do atleta francés Renaud Lavillenie (6,16), en Torun (Polonia) cunha marca de 6.17 m. Unha semana despois volveu superar a súa marca en Glasgow (Escocia) cunha marca de 6.18 m. En setembro do mesmo ano conseguiu a mellor marca de todos os tempos ao aire libre cun salto de 6,15 m na Golden Gala de Roma, superando os 6,14 m que conseguise Serguéi Bubka en 1994.

En 2021 proclamouse campión olímpico nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

Vida persoal Mentres crecía nunha casa de fala inglesa, Duplantis aprendeu o sueco como segunda lingua. Animado pola súa nai, Duplantis tomou extensas clases de Skype para mellorar a súa fluidez e en 2020 sentiu que entendía a fala nativa e máis rápida moito mellor que no pasado. A súa nai afirmou ao mesmo tempo que, aínda que Duplantis sentía vergonza por falar sueco en público, estaba moi feliz de falar en privado, onde había menos presión. En 2021, despois de gañar o ouro olímpico, o seu coñecemento da lingua mellorara ata o punto de que se sentía cómodo facendo entrevistas completas en sueco. No pasado, Duplantis lamentou que mellorar o seu sueco se viu un pouco obstaculizado polo alto nivel de inglés en Suecia, o que leva aos falantes nativos a preferir falar inglés cando falan con el.

Palmarés

Xogos Internacionais Representando a en salto con pértega AnoCompeticiónSedePostoMarca2015Campionato Mundial Sub-18Cali, Colombia5,30 m (Plusmarca)2016Campionato Mundial Sub-20Bydgoszcz, Polonia5,45 m2017Campionato Europeo Sub-20Grosseto, Italia5,65 m (Plusmarca)Campionato MundialLondres, Reino Unido9.º5,50 m2018Campionato Mundial en Pista CubiertaBirmingham, Reino Unido8.º5,70 mCampionato Mundial Sub-20Tampere, Finlandia5,82 m (Plusmarca)Campionato EuropeoBerlín, Alemaña6,05 m ()2019Campionato MundialDoha, Catar5,97 m2021Xogos OlímpicosTokyo, Xapón6.03 m

Notas

Véxase tamén

Categoría:Atletas de Suecia Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na parroquia de Lafayette, Luisiana