Barbara Radding Morgan, nada en Fresno, California, o 28 de novembro de 1951, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-118.
Traxectoria Morgan graduouse en bioloxía humana na Universidade Stanford en 1973, ten credenciais de ensino pola facultade de Notre Dame en Belmont, California en 1974 e un doutoramento honorario pola Universidade do Estado en Boise en 2008.
Foi seleccionado pola NASA como substituta de Christa McAuliffe para o programa Un profesor no espazo o 19 de xullo de 1985. Participou na misión STS-118, pasando un total de 12,75 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mulleres na NASA STS-118
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Fresno