miniatura|256px|Representación dun satélite Milstar. Milstar (Military Strategic and Tactical Relay) é unha familia de satélites de comunicacións militares dos Estados Unidos.

Características Milstar é unha familia de satélites de comunicacións militares deseñados para proporcionar comunicacións resistentes a interferencias. O programa Milstar está dirixido polo Centro do Espazo e de Mísiles da Forza Aérea dos Estados Unidos. Hai dúas series de satélites dentro da familia Milstar. A estrutura dos satélites das dúas series é similar, cunha forma característica de tres caixas unidas das que sobresaen antenas e os paneis solares. Os satélites Milstar foron sucedidos polos satélites AEHF.

Milstar 1 Lanzáronse dous Milstar da serie 1 en 1994 e 1995. A carga útil permitía comunicacións seguras e robustas a baixa velocidade e manter conexión entre satélites para non ter que depender de estacións de comunicacións terrestres. Os satélites tiñan unha masa duns 4500 kg e foron lanzados mediante foguetes Titan 4 a órbitas xeoestacionarias.

Milstar 2 Os Milstar 2 teñen unha masa e estrutura similar aos Milstar 1, pero amplían as súas capacidades para ofrecer ademais comunicacións a velocidades medias, de ata 1,5 Mbps. Lanzáronse catro Milstar 2, o primeiro deles errado, usando foguetes Titan 4.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasMilstar-1 17 de febreiro de 1994Titan 4ÉxitoMilstar-1 26 de novembro de 1995Titan 4ÉxitoMilstar-2 130 de abril de 1999Titan 4FalloMilstar-2 227 de febreiro de 2001Titan 4ÉxitoMilstar-2 316 de xaneiro de 2002Titan 4ÉxitoMilstar-2 48 de abril de 2003Titan 4Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Titan 4 AEHF

Categoría:Satélites artificiais